VORAGINE

Vorágine é o noso primeiro album de estudio. É unha homenaxe a tódalas noites vividas estes 10 anos que levamos xuntos.

Festas privadas, sangue, exceso, subidóns, baixóns, ansiedade, escuridade, berros, nudes, espectáculos gore, luces parpadeantes e hedonismo, moito hedonismo.

É un album feito en dous anos, a golpe de bombo e caixa, de sintetizadores, baixos e guitarras, pensado sempre na pista de baile dun antro perdido onde pode pasar de todo e todo pode acabar en masacre.

As letras e os ritmos que lle metimos aos 8 temas publicados no álbum tentan mostrar ese universo Terror Erótico de, efectivamente, terror de serie b en lugares nocturnos e asasinatos na pista de baile.

Así, temas como Arte, Fenomenal, Fin de la era de la información camiñan máis cara o tecnopop dos 80 e 90, mentres que Vorágine, Perra Santa ou Trozos de Cristal a un sonido máis punk rock.

Estamos moi ledos do resultado e esperemos que vos faga bailar sen freno co Marqués de Sade. Vorágine, Terror Erótico, afters e carpe diem!

Disponible en:

*Pulsa para redirigir a enlace.


voragine

Fecha de lanzamiento : mayo 3, 2024
Artista : TERROR EROTICO
Catalog ref. : DCTRL017