Newsletter
SONHO
Imaxina ese soño que non lembras, ese que sabes que o soñaches pero non poderías contar que pasaba nel. Lembras que era triste, lembras que pasaches medo, que tiñas frío, que chorabas.
Así me sentín eu cando rematei o meu «Sonho». Compuxen entre tempos e mudanzas, polo meu avó chorei, por Mimo chorei e non lembro como cheguei aquí, pero cheguei e quero compartir contigo un ano da miña vida e un «Sonho» para esquecer. Sonho é o meu enfoque máis minimalista sobre a composición e produción musical, o meu Prophet, un Mac e uns auriculares… cun banco de sons e parches máis coidado pero menos excesivo, polo que propoño unha escoita relaxada e esquemática.
Logo de rematar este último traballo despídome por unha tempada para encerrarme no estudio e preparar o meu primeiro LP, un grande reto para min e unha oportunidade para explorar novos horizontes.