No corazón da Galiza, no medio dun clan de músicos tradicionáis, nace a carón dunha cociña de ferro un meniño con cara de de 6×8.

ACTO PRIMEIRO:
O avó materno faille pasar a proba iniciática que demostre se o neno leva dentro o trasno musical, ou se pola contra, haberá que agardar outra xeración máis. Resultado? Positivo.

ACTO SEGUNDO:
O avó paterno, cos derradeiros folgos que xa non enchen o fol, fabrica a súa derradeira gaita sobre o planeta Terra. Unha pequena gaitiña de buxo, que balice o camiño do rapaz cara o encontro co seu legado, agora que o avó non vai estar.

Non houbo posibilidade de pérdida…

ACTO TERCEIRO:
Cada ano polas festas da parroquia, o cuberto mudaba en palco por arte de maxia. Os caldeiros e ferriños en instrumentos musicáis que acompañaban á música da orquesta que chegaba dende o alto da igrexa de Ferreirós.

Cos anos, os soños da infancia tornaron en realidade adulta. A guitarra eléctrica que de noite tocaba nos seus paraísos oníricos, toma forma na realidade e precipita o nacemento da súa primeira banda. Cumprida a profecía está.

DESENLACE:
O neto da tradición, xa viaxado polos sons do mundo, atópase coa rave. Descobre o que sempre buscou na música da que gostaba: que o levara ó transo sanador do individuo e da comunidade. A súa tradición rebosaba transo, e ise proceso sucedía aínda de maneira espontánea en centos de torreiros por todo o país.

Só era precisa unha mínima actualización que aportara frecuencias graves que sumaran bombo, subwoofer e baixos, cos efectos que engadiran a tridimensionalidade do son contemporáneo. Isto puido ter lugar, porque eran os tempos nos que o SON SISTEMA non estaba prohibido na praia de Morouzos, no camping do Festival do mundo Celta de Ortigueira, na parroquia… de LUAMA.

O resto xa forma parte da lenda, e é historia.

A música galega dende entón, foi perdendo férrea ortodoxia e complexos, á par que a foron perdendo os galegos.

A actual revolución musical, non é máis cá banda sonora dun fenómeno social que está a suceder nos nosos días, e a Luama Son Sistema é unha persoal achega dentro de este particular universo.

A aparente galeguidade de catro xeracións autóctonas, agocha diluídas as achegas de antergos caldeireiros balcánicos e constructores de mosteiros norteafricanos. Esta amalgama cultural, reitera musicalmente as influenzas ciganas, xudeas e bereberes que xa de por si están presentes no folclore galego.

Producto arte-san de aldea feito na casa. Fusión de autor dende as aldeas das terras altas, que nos sumerxe nun universo paralelo no que a música tradicional galega hipertrofia as súas raíces étnicas sobre a urdime electrónica.

Dende a fin do mundo ó universo, dende Fisterra … ó infinito.

Avante cabrois!!!

Luama Son Sistema

Proxecto musical de herdanza tradicional, forma sintética e arrecendo a world music de aldea.

Sonido electrónico montañés que emana da aldea cara o mundo e retorna de novo enriquecido.

Location

Vila de Cruces-Galicia-España