Castro Cumeiro

Castro Cumeiro é o primeiro traballo discográfico da Luama Son Sistema. Nel séntanse as bases do seu son, a modo de declaración de intencións.

Electrónica sinxela con reminiscencias 8-bit, sobre a que se desplega o omnipresente amor polo basto universo galego e a súa transmisión.

A Luama é un camiño bidireccional no que a electrónica descobre as muiñeiras, os maneos, as rumbas e pasodobles, ó tempo que a tradición se expresa en clave de techno, trance ou drum and bass.

Galiza, e en concreto a aldea, é o centro sobre o que orbita este sistema.

Mouras, trasnos, nubeiros e tronantes, acoden a un akelarre sonoro que resoa no castro do outeiro, e nas fontes santas ós pés da carballeiras.

Son ecos dunha tradición ancestral e de un fondo sentimiento de pertenza tribal, buscando formas de expresarse neste novo milenio. Xustiza poética sonora que mantén vivo o recordo e revitaliza o mito da irreductible aldea galaika.

Disponible en:

*Pulsa para redirigir a enlace.


Castro Cumeiro

Release Date : octubre 31, 2025
Artist : LUAMA SON SISTEMA
Catalog ref. : DCTRL023